A severidade do teu aceno deixou-me
obra viva encallado na praia
e hoxe dixeron-me afirmando que son irreconciliábeis
a arte e o obxectivo máis imediato de
incidir
no que acontecendo conforma o noso entorno
Estou convencido sobre a inexisténcia do
absurdo
cando se vive cada momento coa intensidade
de saber que segundo será o ulterior
segundo o que cadaquén faga ou mellor
o que da reflexión se traduza en acción
na bancada mais á proa
E non penses que todo é sinxelo
porque hoxe lin dun autor norteamericano
como nos chamaba a contemplar o mar na rompente
e falei cunha esquerdista galega que renegaba
da pátria
e ubicaba o importante na mente nas mentes
porque non podíamos ser tan parvos como
os dilixentes
nipóns, si, este povo que le o capital
disque para subverté-lo
Pero a min dixeron-me a subida do partido comunista
tamén
se produce nas illas desde a caída do
muro
polo que a fasquia eurocéntrica dalguns
debates
pode significar vento do leste a sotavento.
MONCHO BOUZAS TOBIO
Voltar
|