| DO ABANDONO DA CAMA DE FAKIR
E chegaron
cun exército de paraugas rotos
baixo o lene son da gravidade
e empurrando dunha cama de fakir
e con espellos,
rúa adiante.
E toparon cos outros
que chegaban cun exército de paraugas
rotos
e con espellos,
e cunha cama de fakir,
cara ó mesmo punto
e alzaron os ollos pra mirárense ós
espellos
e nacemos
E nacemos
cunha cama de fakir enferruxada
e en estado de extinción,
e confundidos polo vidro
camiñamos co testigo dos paraugas rotos
baixo o lene son da gravidade,
e deixando atrás a vella cama de fakir
e medrándonos cravos nas costas.
E descubrimos,
que este non é o sitio
onde ós porcos e ás tenreiras lles
medran
costeletas limpas no cabelo.
TOMÁS LIJÓ
Voltar
|