NÓS
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
perderse en ti
darlle ao teu vaso un alto signo
de água viva
ser en ti acesa sinza
 Xavier Seoane
Para Nes, meu amor, príncipe de Casais, asasino de poetas 

Eu quixera ser un nobre galán 
de pluma distraída. 
Adicar o meu lecer ás vintenaeiras 
que son as que máis agradece o corpo 
pero Deus quixo que tamén gustase dos homes 
e que perdese a cabeza contigo. 
Ti sempre escribistes mellor ca min 
aínda que eu xamais o fixen muito peor. 
As túas olladas verquína no meu peito versos 
coma feitizos. 
E despois marchábame o alento 
coma un cervo asaído. 
Non coñecín mellor mantenza cós teus leites 
aínda que ás veces sabían máis rancio ca agrio 
a gracia do amor todo o compón. 
Miña Virxe do Carme 
que tan rico estiven contigo. 

ABEL MENDES BUJEIRO
 
 
 
 Voltar