|
Hai un mar e unha terra dentro do
mar que se crava fonda como unha espora, e un silencio que ás veces
é un látego escintilante ao corazón da noite inmensa.
Somos esa vida desangrada tras os vidros manchados
de argazo. Os nosos ollos nacen ao inverno e ao espanto como nós
á loucura e ao berro. Perdidos faros alumean para sempre a nosa
ruta afundida.
Hai un mar de terra empuñada vomitando
lume en nós. Unha dor antiga que nos queima. Un horizonte cego.
Unha soidade. Somos como a ardora e o naufraxio, e navegamos calquera vento
imposíbel.
Entre a terra e o mar só os nosos corpos
ferozmente amarrados.
RAFA VILLAR
Voltar
|
|