|
Furtivos
para Mesura
A percebeira é unha illa
A illa ten nome de peixe esquivo
E os homes van
A lanchiña que os leva é de pau
de laranxo
a lua é unha laranxa apodrecida
a lua debuxa cadaleitos nas furnas
de entre os mortos nascen percebes
Os ollos vagos non ven
son as mans acoiteladas as que cachean os
tetos
a rapa áxil
E logo a lonxa
E a viaxe á Coruña ou Madrid
E o prato na mesa
E o sal na boca
Ese sabor a sal na boca
Como se a morte viñese cada nove ondas
FRANCISCO SOUTO
Voltar
|