english . castellano


A nosa casa está xusto ao lado da fermosa e tranquila ría de Lires, cun ambiente máis que agradable.

Somos amantes da natureza e mantemos unha horta na finca onde se ubica a casa, con frutais, flores, unha grande parra,...

Estamos situados en plena "Costa da Morte", unha zona coñecida polas súas impresionantes costas, os seus exquisitos percebes e demáis mariscos, e unhas xentes hospitalarias que o acollerán cos brazos abertos.

COÑÉZANOS,
SEGURO QUE VOLTARÁ


Poñemos á sua disposición 4 habitacións; dúas na pranta baixa con baño e dúas na pranta alta con baño compartido. As habitacións da pranta baixa teñen un acceso independiente, por se vostede é dos que lle gusta ir máis por libre.

ESTÁMOLO/A ESPERANDO



OFERTA ESPECIAL

Aloxamento 2 noites por só 55 €.

* Consúltenos as condicións desta promoción


Se lle gusta a pesca, a nosa casa resultaralle un lugar ideal, xa que son varios os rios próximos, e a praia está a uns cinco minutos de paseo a pé.

Como pode ver, Lires é un lugar tranquilo, con rutas de sendeirismo ideais, e onde os nenos poden andar as súas anchas; xa que non hai tráfico nin lugares de perigo .




SOLICÍTENOS PREZOS E FAGA A SÚA RESERVA


Estamos en LIRES

15270 Cee - A Coruña - Galicia (Spain)

Teléfono: +34 981 748 209




Costa da Morte