ANTROIDO Coplas

COPLAS DO ENTERRO DA SABRINA

 

 

 

 

 

O Couto, 17-2-1988

Veciños todos de Couto
e tamén os forasteiros
vinde asistir a este enterro
non seades preguiceiros.

Cuidado coa Micaela
co lume ter precaución
non vaia ser que no medio
teña restos do Casón.

O barco inda non marchou
nin ninguén o foi quitar
saben o que ten no medio
e vano abandonar.

Nós vamos seguir ás nosas
co conto da Micaela
ide facendo os follados
anque nonos coma ela.

Que teña o crego cuidado
e algunha precaución
porque lle pode pasar
algo parecido o Casón.

Tén que asistir ó enterro
que é a obligación que tén
que non se meta o viño
pra que as cousas salan ben.

Nin ós follados tampouco
que non ande moi apurado
porque lle pode pasar
igual co ano pasado.

Fixo ben a cirimonia
enterrou ben ó señor
pro comiu algo de máis
e eso foino peor.

Anque sea o asistente
que tamén fui parecido
por beber viño de máis
taba medio adurecido.

Deixemos estes señores
que pra agora xa van ben
vámonos co vecindario
que algo merece tamén.

Agradecendo a asistencia
de todos nosos veciños
pra que as cousas saian
ben salir todos ós camiños.

As portas todas pechadas
e con moito entendemento
pois igual pode quedar
algún escondido dentro.

Mozos, vellos e rapaces
todos con cara mui fina
asistide se queredes
ó enterro de Sabrina.

As pernas tenas delgadas
e un defeuto que tén
po recompensa nas tetas
porque deso anda moi ben.

Se hai por aí algún machuelo
que lle guste rexistrar
damos permiso a calquera
pódellas vir apalpar.

A nosa pobre Sabrina
que naciu mui xeitosiña
penando o que vai pasarlle
pois astra o Couto non viña.

Amais chegou mui contenta
con catro compañeiriños
pro a desgracia máis grande
fui non ver ben os camiños.

Luces públicas poucas temos
e houbo de embarrancar
porque os demos dos camiños
tamén tan sen arreglar.

E non é culpa dos do Couto
que ten as súas razóns
é culpa doutros máis gordos
por non mandar subvencións.

Pro agora con Sabrina
que algo lle vai protestar
os do Couto aínda confian
que podan reaccionar.

Po se non o fan en tempo
daquela xa tanto tén
non panda Sabrina sola
que pandamos nós tamén.

Traédenos unhas luces
facemos reclamación
porque penso que os do Couto
tan mala xente non son.

Vámoslle pedir a jritos
que non lle pareza mal
que nos den materiales
que hai que face-lo local.

Temos cousas que gardar
anque somos pequeniños
e andámolas gardando
polas casas dos veciños.

E nos mundos que vivimos
por non querer axudar
facernos cousas así
non podemos perdonar.

Pedimos de corazón
con respeto e entendemento
que nos manden os ladrillos,
area e máilo cemento.

Non queremos que nos digan
de que somos pedichóns
porque solo nos dan algo
cando vén as eleucións.

E eso non nos parece
labor mui feito tampouco
porque pa prousima ves
igual votamos por outro.

Non podés botarlle a culpa
o que esto veu ordenar
porque é persona neutral
que ainda nunca fui votar.

Esperamos nesta hora
que todo nos saia ben
gracias pros veciños todos
pros forasteiros tamén.

Esperamos que acudades
vir todos a canda nós
porque é o último día
que Sabrina ta con vós.

E así nos despedimos
pra todos un felis ano
e repetindo a canción
pois astra o prousimo ano.

Cousa que nos esquencía
veciños e forasteiros
se as cousas lle salen ben
vannos vir os regueifeiros.

Disque teñen que ir a Muros
so horario lle da ben
téñenno-lo prometido
que van vir aquí tamén.

Seguintes > >