
Itinerario
Bergantiñán do
P. Sarmiento
Sábado
20 de abril
Polo
concello de Malpica de Bergantiños
De
09:30 a 14:30 h.
Relatores:
Leonor Alonso Álvarez e Luis Giadás Álvarez.
Saída: 09:30 h. Monolito a Eduardo Pondal (Ponteceso)
Santiago
de Mens: canzorriños acrobáticos e severas torres.
Santo Hadrián: entre a romaría cristiá
e o culto ofiolátrico.
Malpica de Bergantiños: a Vila da Vida.
Cerqueda: Pedra da Arca ou a moura fiando na roca.
Expo-Bergantiños: o forno onde se coce o futuro
de Bergantiños.
"Malpica.
É unha península, como pena na que está a
vila, e ten ó oriente un pequeno areal que é o porto,
e outro máis grande que mira norte, que ten por punta oriental
ó propio lugar de Malpica. E o occidental é a illa
de Sisarga, que emparella co continente pero de xeito que entre
el e ela poidan pasar navíos de liña, pero non pasan"
Sarmiento,
Viaxe a Galicia (1745)
Sábado
27 de abril
Polo
concello de Ponteceso
De
09:30 a 14:30 h.
Relatores:
Leonor Alonso Álvarez e Luís Giadás Álvarez.
Saída: 09:30 h. Monolito a Eduardo Pondal (Ponteceso)
Reemisor
do Monte Branco: a proa de area cara ó Atlántico.
San Vicenzo da Graña: a victoria do home sobre o
xungal.
Castro forte de Nemeño: o rei dos castros.
San Martiño de Cores: o legado de don Cándido.
"Carballido.
Couto de Almerezo, é dos bernardos, Ponte Ceso, outra legua.
É ría, río, e como porto pois alí
chegan pataches da ría de Laxe, Corme e Cándoas.
A ponte é estreita, e sen varandas, e cunha calzada. A
ría sube media legua ata o lugar Oeste (quizais aestus
maris ou o esteiro) e o río é o Cetrúas de
Soandres, e unhas e outros chaman Allóns".
Sarmiento,
Viaxe a Galicia (1745)
Sábado
4 de maio
Polo
concello de Cabana de Bergantiños
De
09:30 a 14:30 h.
Relatores:
Leonor Alonso Álvarez e Luís Giadás Álvarez.
Saída: 09:30 h. Monolito a Eduardo Pondal (Ponteceso)
Santo
Estevo de Cesullas: o "dos zapatiños brancos".
San Fins fo Castro: "¿que lle das ós
teus romeiros?"
San Martiño de Cánduas: tralas pegadas do
"xentil rapacete" Eduardo Pondal.
"A
ría de Cándoas é boa; terá de longo
desde a ponte ata a barra, legua e media. A barra principal é
a que ten ó norte o lugar de Corme, e ó sur o de
Laxe, que como cabo correspondente ten ó Insua e o do lado
de Corme é o Cabo de Turnis ou o Roncudo. E os cabos máis
dentro da ría son: o Padrón, o porto do Cabalo,
o da parte de Cándoas, e Osmo, o da parte de Corme".
Sarmiento,
Viaxe a Galicia (1745)
Sábado
11 de maio
Polo
concello de Laxe
De
09:30 a 14:30 h.
Relatores:
Leonor Alonso Álvarez e Luís Giadás Álvarez.
Saída: 09:30 h. Monolito a Eduardo Pondal (Ponteceso)
Cabo
da Area: Laxe, a balea varada no mar.
Santa María da Atalaia: relicario gótico.
Penedos de Traba: os xigantes axexan no Caos da Pedra.
"O
sábado 14 saín de Cándoas para Moraime por
Ozón a Lourido. Serantes, freguesía. Laxe, á
dereita. San Mamede de Sarces, unha legua. Detrás de Laxe
nunha enseada fica o lugar, freguesía, de Soesto (quizais
de sub aestu). Santiago de Traba, de Laxe e val. Hai un cabo á
dereita, que é o de Boaño. San Simón de Nande.
Mórdomo, lugar, punta, e pedras nas que se estrela o mar
bravo e fai como cabo que , co de Boaño, comprenden o gran
areal de Traba de Laxe".
Sarmiento,
Viaxe a Galicia (1745)
Actividade
homologada con 20 horas de formación
|