|
"Camiñante,
non hai camiño,
faise camiño ó andar"
Así
comenzou a Asociación "MONTE BLANCO" no ano 1.982, sen un camiño
feito pero con gañas de camiñar polo eido da cultura.
Andando
andando, fixemos un atallo, logo gracias á axuda de xente desinteresada
foise construíndo unha estrada e hoxe coa aportación de veciños
e de institucións, podemos chegar a abrir unha autopista con vías
para todo tipo de vehículos e camiñantes e cun único combustible:
A UNIÓN PARA UNHA CAUSA COMUN: ACADAR UN LOCAL ONDE:
Os
cativos, mozos e vellos poidan xogar, aprender, ler, representar,
falar... E todo iso nunha casa DE TODOS E PARA TODOS.
Como
proba palpable da realidade desas ilusións enviámoslles este artigo
publicado no xornal.
Acudimos
a vostedes para pedirlles unha PEQUENA APORTACIÓN (económica ou
material) para UNHA GRANDE OBRA: "A CASA DOS VECIÑOS"
Tamén
como proba da realidade do noso agradecemento publicaremos nos
medios de comunicación e no noso Concello a relación de entidades
ou particulares colaboradores na construcción dun local onde poder
realiza-las actividades habituais e MOITAS MÁIS
¡
GRACIAS POR TODO !
A
directiva da Asociación Monte Blanco
(en representación dos veciños)
|