|
¡
Xa temos solar...!
E
con el veuse cumplida unha gran aspiración dos veciños do Couto.
O asunto xa vén de hai tempo. Vexamos.
En
Maio do 83 preséntase no Concello un escrito coas firmas duns
200 veciños, solicitando a compra dun solar.
No
período de tempo que vai de 1.983 a 1.986, non se esqueceu o asunto
pola nosa parte. Non houbo xuntanza no Axuntamento na que nós
participásemos, na que non se falase do asunto e incluso o Sr.
Alcalde tivo unha xuntanza cunha comisión de veciños no Couto.
Foi
no ano 1.986 cando se convocou unha Asamblea de veciños, a máis
numerosa das celebradas ata agora na parroquia, e decídese facer
un escrito coas firmas dos veciños e asimesmo solicitar unha entrevista
co Sr. Alcalde. Con tal fin fórmase unha comisión composta por
10 veciños. Contestóusenos que só se nos podería dar unha parte
do que se solicitaba.
Así
foi como se convocou unha nova Asamblea onde se decidiu pedirlle
a cada casa a cantidade de 5.000 pts que serían cobradas pola
Comisión a partir de Xulio do 86, cunha extraordinaria colaboración
por parte do vecindario.
No
mes de Setembro concédesenos unha subvención do Concello de 400.000
pesetas.
Xa
cos cartos xuntos e despois de múltiples atrancos para merca-las
fincas (que eran tres), plantéxaseno-lo problema da escritura
das mesmas. Os veciños que estaban escaldados co tema do Campo
de Marico, queren que se faga a nome dos veciños. Consultado sobre
o asunto o Notario infórmanos da gran dificultade de que poida
escriturarse desa maneira, terían que estar presentes no momento
da firma tódolos veciños. Levouse isto a unha Asamblea e alí decídese
por unanimidade escritura-lo solar a nome da Asociación Cultural
Monte Blanco, continuando a Comisión anterior para os temas relacionados
co solar.
|