HOMENAXES

NO 1993 HOMENAXE AO POETA MANUEL MARÍA

Para conmemorar esta primeira celebración a un escritor vivo escollemos a figura do poeta da Terra Chá en recoñecemento á súa obra e ó seu compromiso constante coa afirmación dos valores nacionais galegos.

· No patio da nosa sé Social descubrimento dunha placa, realizada polo Artesán Anxo Cousillas, en homenaxe a Manuel María.
· Semblanza a cargo de Carlos Díaz Martínez e intervención do homenaxeado.
· Presentación do libro de Manuel María Antoloxía Poética (Edicións Espiral Maior) realizado polos poetas Miguel Mato e Miguel Anxo Fernán Vello. Presentación a cargo dos seus autores.
· Ofrenda floral: Homenaxe á poesía galega, no monolito pondaliano de Ponteceso.
· Xantar de homenaxe a Manuel María.
· Escenificación polo grupo Agrocobo de Esteiro da obra de Manuel María Os Soños na Gaiola.
· Festival Folclórico bergantiñán. Actuación dos Grupos de baile de Anllóns, Corme e Neaño. - Recital poético de Manuel María e recital de poetas galegos na súa homenaxe.