|
Cartas
recibidas
Asociación
Cultural Monte Branco.
15110, O Couto - Ponteceso. A Coruña.
Tfn. (981) 71 49 24
O
Couto, mércores 22 de marzo de 1995.
Viúva de Chano Piñeiro.
Da
nosa meirande consideración.
Querémoslle
facer extensivas, con bágoas nos ollos, as nosas máis doídas intencións
perante o fatal desenlace do seu marido e persoa-alicerce do noso
cine galego. Se en verdade sentimos mágoa polo oco baleiro deixado
na súa familia, tamén inzamos un berro cara ó ceo por sermos privados
do noso amigo, do noso compañeiro.
Como
de seguro sabería, a persoa do seu finado marido tivera a ben
participar de novo no noso programa da Semana das Letras Galegas
(remitímoslle programa do día de participación), mais o acontecido
non será pexa para a realización do mesmo; senón todo o contrario,
moveranos máis aínda para unha reflexión, a modo de homenaxe,
sobre a figura do cineasta a cargo dalgunhas daquelas persoas
que traballaron con el.
Reiteramos
de novo as intencións e saiba que van contidos neste papel os
recordos máis especiais de parte do noso Presidente, D. Xosé María
Varela Martínez, e dos demais membros da Asociación.
Atentamente:
Xosé
Manuel Varela Varela
Asesor lingüístico e literario da A.C. Monte Branco.
|