|
Cartas
recibidas
Gres,
16 de marzo de 1995.
Sr. D. Xosé Manuel Varela Varela
Monte Branco
Ponteceso
Querido
amigo:
Recibíno
borrador do Programa sobre AS LETRAS GALEGAS, que, como xa é habitual,
Monte Branco vai a máis na conmemoración dese acontecemento. Caso
único o voso en toda Galicia. Caso exemplar.
Pides
a miña opinión sobre o programa. Aparte de admirar a vosa dinámica,
o voso esforzo sen par, pouco teño que observar a este proxecto.
Con todo, van unhas breves notas.
Se
vos é igual o meu pregón sería: "As letras galegas na emigración".
Explico: hai unha literatura galega feita aquí que aborda o tema
da emigración. Non é moito o que hai, pero é dabondo coñecido.
En cambio a literatura feita na emigración é máis novedosa. Podería
concretarse neso, é dicir, na literatura galega feita na emigración.
Coincide ademais que este ano o Día das Letras adícaselle a un
exiliado. Nunha palabra e concretando, mellor ca á literatura
galega de tema migratorio penso que resulta máis atractivo o tema
da literatura que naceu na emigración. (Todo esto se vos parece
ben así. É unha simple proposta).
Día
15. Anúnciase "proxección ininterrumpida" de O camiño das estrelas.
¿E que máis? Ese documental de Chano dura coido que 30 minutos
ou algo así. ¿Que quer dicir ininterrumpida? Só esto se lles vai
ofrecer ós nenos, ou hai algo máis?
Na
carta que me mandas aparte disme do encontro con escolares, e
sinatura de libros. ¿Esto é aparte do da película de Chano dos
dous colexios ou é despois, película, aparte, no centro cultural
ou no propio colexio público de Corme? Se é un encontro de Anisia
Miranda e Xosé Neira Vilas, como parece ser no colexio de Corme,
non vexo que ese encontro apareza reflexado no programa, nin aparece
a hora, non está claro. Nós estamos dispostos para un encontro
nun colexio, con sinatura de libros, etc. como me dis na carta,
pero como no proxecto do programa nada se di, pois non entendo.
Dia
15 no IESP: penso que á conferencia de Chano deberiades de poñerlle
título. É máis concreto. Pedídello, suxiro.
De
acordo en que nos recollan en Gres ás 12 do día 14-5 e que nos
quedemos esa noite no hostal Monte Branco.
Explícame
algo do do Araguaney o 28-4 ás 20 hs. En qué consiste. Non teño
transporte, e Santiago está de Gres a só 23 quilómetros. Se algún
nos recolle e nos trai de volta, iriamos, claro. Calquera dos
amigos coñecidos, se é que van, pode vir: Laíño, Xerardo, Eladio...
En fín, aclárame.
16
maio, 15 hs. Na Casa dos Veciños. En vez de arredor, podería dicir
por exemplo "Coloquio sobre a Mostra do libro galego", ou algo
así pois "arredor" coido non explica moito (ou ó mellor si, é
custión de estilo. Ó mellor sobreenténdese).
En
fin, só uns detalles formais, pois o programa en xeral parécenos
de primeira. Digno de aplauso, coma sempre, o voso esforzo.
E
nada máis. Chámame. (Boa hora entre 10 e 11 da noite) ou escríbeme
en relación co exposto. Gracias.
Saúdos
cordiais a Xosé María. Saudos de Anisia.
Apertas
de
Xosé
Neira Vilas.
|