|
Cartas
recibidas
Gres,
24-3-95.
Querido
Xosé María:
Para
engadir ós comentarios que fixen na carta do 16-3 a Xosé Manuel,
respecto do programa e do que comentaches por tf.
Paréceme
que en xeral o programa está ago "encimado". Actividades de media
hora que tal vez requerisen máis tempo, e que na realidade van
levar máis. Sempre se estiraría, ademais, pola proverbial impuntualidade
da xente. É inevitable.
O día 14 pode andar ben (anque tal vez o das 17.30 requerise algo
máis de tempo para "Gume" e a presentación da exposición. En fin,
todo depende de como se faga). O resto, ben.
Día 15. Na mañá habería pois, dacordo co falado, encontro de Anisia
Miranda e eu cos nenos de Corme. Quero decir, en Corme, pois vexo
que tamén estarán presentes os de Ponteceso. Sinatura de libros
(recorda que se queren libros nenos e mestres e non hai por ahí,
con Teresita do Castro -tf. 62 02 00 pódense conseguir en depósito,
devolvendo os que non se vendan). Sería formidable que poidésedes
levar algunhas das obras de Anisia que presentaron os nenos de
Ponteceso, a Corme. Ademais do entretimento que significa, sería
un acto de confraternidade entre os dous colexios, da que andamos
todos tan necesitados, digo eu.
(Xa sabemos que a morte do noso amigo Chano impide a súa conferencia
e que ti revertiches nunha homenaxe. Moi ben).
16-5.
Vexo hai actividades simultáneas ou case (Río Anllóns, IESP).
A mesa redonda do IESP no programa debe sinalarse quenes participan,
incluíndo o nome do moderador.
Día 17-5. Non sei se acabaredes a misa cantada en media hora para
o da ofrenda floral. En fin, tamén aquí o horario na realidade
estarricaríase. E en seguida, ás 13 hs. As pracas. Todo moi xunto,
penso.
Aínda que o fagan en tan pouco tempo paréceme que debías dar máis
de 15 minutos para xogos cooperativos. Igual me parece apretado,
se vai asistir a mesma xente ó dos escritores con presentación
de libros e o da carpa. Se é outro público, non digo nada, pero
anque sexan cousas ben distintas, se non son moi distantes deberías
posibilitar que asistan a uns e a outros aspectos do programa.
Igual que o das 20 hs. ó que seguramente queren asistir todos
e queda moi cercano o Xabarín.
Do 18 nada digo en canto a horas. Si que debe decirse quenes participan
na mesa redonda sobre a situación actual da lingua.
19-5.
Véxoo ben en horarios e temas. Tampouco teño nada que observar
respecto do día 20-5. (Vexo hai inauguración e apartura o 20 e
21 da feira da artesanía. Non está claro -para min- a diferencia
de matiz).
21-5. ¿Só media hora para o concerto de gaitas? ¿E media hora
para a banda? ¿Non é pouco en ambos casos? (Anque son en lugares
distintos, moita xente quererá ir ós dous, penso). Debe consignarse
qué poetas participan no recital.
En fín, Xosé Mª, son algunhas dúbidas e suxerencias. Ben sei que
o que me mandastes é simplemente un borrador tentativo. Por eso
opino, modestamente por si val de algo este meu parecer.
Unha
aperta de Anisia e de Xosé Neira Vilas.
|