|
DR.
FOLK
|
|
Dr Folk é unha banda afincada en Burgos que practica unha música de raíz celta onde a tradición e a actualidade están presentes en partes iguais. O proxecto musical de Dr Folk consiste en tomar melodías da riquísima tradición celta e presentalas nun contexto moderno prestado de formas musicais moito máis recentes, principalmente o funk. Escoitando estes dous tipos de música tan diferente, caemos na conta de que existen numerosos aspectos en común: a incrible forza rítmica, a sinxeleza armónica, a repetición de melodías breves, etc. Tomando como base ese punto de unión entre o funk e a música celta, Dr Folk propón un estilo que se pode contemplar dende duas perspectivas diferentes: se escoitamos a melodía do acordeón e tin whistle, temos un "reel" irlandés ou un "andro" bretón tal e como soaban fai un par de séculos. Por outro lado, se escoitamos a base rítmica (batería, baixo e guitarra), estamos fronte a arreglos 100% funk. Un dos obxectivos de Dr Folk é dar a coñecer a música tradicional celta ao oínte que non está familiarizado con ela. O contexto actual no que soan esas melodías de varios séculos fai que ese primero contacto coa tradición sexa máis atractivo para o oínte novo. Ademáis de seguir usando a fórmula de melodía tradicional sobre arreglos propios, a liña actual de traballo de Dr Folk consiste na composición de melodías propias, creando temas que de algún xeito seguen tendo unha sonoridade tradicional, pero que son 100% Dr Folk. Somos: Joaquín
García - baixo e bouzuki
|