NA LÚA

Na Lúa

A punto de cumprir 20 anos, Na Lúa ten sido dende os seus comenzos un grupo adiantado aos tempos ao concebir a música tradicional e a música folk como elementos inerentes a unha música contemporánea feita dende un lugar pero con vocación universal.

Ao longo de todos estos anos, Na Lúa estiveron presentes nos máis significativos eventos musicais dentro e fora das nosas fronteiras, teñen recibido importantes premios e editado un total de seis discos.

Este outono sairá o seu séptimo traballo, 'Feitizo'. Un traballo conceptual adicado ao mundo do esotérico, das meigas e de todo aquelo que a cultura popular ten utilizado como guía e fonte de sabiduría ao longo dos tempos.

Na Lúa, que sempre foi a cara máis moderna do folk en Galiza, sintetizan neste novo traballo, en forma de bebedizo para escoitar, aspectos ancestrais da cultura popular que van dende o máxico e lexendario ao real e o musical, coa súa innata forma de entender a música: con raíces que dende a terra crecen para apuntar á lúa, que é tal vez orixe de estos músicos que sempre contemplaron a música dende algún lugar póximo e distante, permanente e actual.

Somos:

Cándido Lorenzo - gaita, clarinete, frautas
Xabier Camba -
batería, percusións
Ricardo Pereiro -
baixo eléctrico
Antón Rodríguez -
gaita, saxo, frautas
Xabier Debesa - acordeón, voz
Xosé Paz Antón- guitarra, voz

Discografía:

- Na Lúa
- A Estrela de Maio

- Ondas do Mar de Vigo
- Contradanzas
- Peliqueiro
- Os Tempos son Chegados


<< VOLTAR