ANALISE DO MERCADO
 
 
 A evolución dos mercados locais de Bergantiños é sintomática de unha  preocupación dos consumidores por consumir alimentos de calidade e con garantias. 

Os prezos acadados nos mercados locais da zona, que abastece fundamentalmente á área da Coruña, débense tamén aos primeiros síntomas de esgotamento de stock nalgunhas productoras. A pataca fina, variante autóctona, chega a acadar as 125 pesetas por kilo. As terras de Bergantiños son unhas das mellores de Europa para a producción de pataca. 

A Limia tivo unha producción este ano de 55.000 toneladas de pataca e, se ben o prezo da pataca limega está acadando uns bos resultados no mercado, a venda masiva ten unha cotización media de 30 pesetas. A pataca da Limia chega a revenderese, sen embargo, a 60 ptas en mercados de Santiago de Compostela. 

A entrada de pataca foránea, de calidade dubidosa e producción non controlada, non está tendo os efectos que tivo en anos anteriores por causa da colleita máis escasa de este ano. Esta pataca de fóra tamén está desenganando ao consumidor que ve un producto de cor máis oscura e con tendencia a podrecer moito antes. Esta pataca está competindo en prezo máis é totalmente imposible que o faga en calidade. 

Nos mercados locais, onde o consumidor ten stock propio na casa, é máis doada a entrada de pataca galega, moito máis coidada, sabedora e resistente. 

Débense comezar a esixir unha denominación de orixe para a pataca galega, en beneficio dos consumidores. 
 
 

Para coñecer o prezo da pataca en mercados de futuros envia un mail a: pataca@finisterrae.com
 
 
 
 
 
Breve historia da pataca | A pataca en Galicia | A cómo vai a pataca |
Pataca en Bergantiños | A Festa da Pataca