Ata 1.969, a producción
de patacas en Bergantiños era semellante á de calquera outra
zona de Galicia, cultivándose variedades en moitos casos autóctonas
e moi dexeneradas como consecuencia da repetición ano tras ano da
mesma semente, o que se traducía en moi baixos rendementos. De todas
estas variedades, aínda se segue a cultivar a "Fina de Carballo"
debido a súa excelente calidade non superada por nengunha das variedades
modernas.
É
por estas datas cando o Ministerio de Agricultura, a través do Instituto
de Sementes e Prantas de Viveiro, busca zonas aptas para a producción
de patacas de semente, designando ao Concello de Coristanco como o máis
idoneo de Bergantiños para tal finalidade. Este feito variou dun
xeito radical os métodos e técnicas do cultivo da pataca,
causando que os concellos limítrofes como Carballo e Ponteceso dispuxeran
tamén de áreas de grande produción de PATACA DE CALIDADE. |