![]() |
| Debido á súa situación
xeográfica, e a que ós seus portos chegaban expedicións
procedentes do Novo Mundo, debeu ser Galicia un dos primeiros lugares onde
se cultivou a pataca.
A súa resistencia débese á fortaleza específica da planta e mais á súa considerable adaptación. É preferentemente un cultivo de zonas témpedas, oscilando a súa temperatura de crecemento entre 6ºc e 8ºc como mínimo e entre 14ºc e 18ºc como óptima, isobaras éstas de común distribución en casi todo o territorio galego. En condicións normais, a sementeira realízase en primavera (marzo-abril) e a recolleita no verán (agosto-setembro), sendo nas zonas litorais onde se ven prantando nunha época máis temperá e nun tempo posterior nas zonas de montaña e do interior. Sectores da Galicia costeira sementan patacas en xaneiro e febreiro, recolléndoas en abril ou maio ; son as chamadas "patacas de cedo" ou "patacas da mariña". A pataca veu a substitir á castaña na dieta dos galegos : ata entón todas as comidas eran acompañadas polo preciado froito do castiñeiro, algo que sería impensable hoxe en día debido á suplantación desta especie por outras máis modernas, (sic...). Resulta curioso que aínda despois de tantos anos queden zonas en Galicia onde os máis anciáns lles siguen chamando "castañas" ás patacas. En canto a cómo foron introducidas en Galicia as diferentes variedades de patacas, empezaremos por dicir que as que se cultivaron a principios de século teñen nomes que fan referencia ao seu aspecto e ao seu lugar de procedencia : as padronesas, de pel áspera, semellante á actual variedade álava ; as inglesas, de pel vermella e forma elíptica ; as de ollo de perdíz, de forma redondeada, un pouco aplastada, e con xemas semellantes aos ollos desta ave. Cara os anos vinte introduciuse unha variedade denominada cazona, tamén denominada pataca do riñón, que ao parecer foi traída de Cuba por un emigrante da zona de Vilalba apelidado Cazón. A variedade de pataca máis utilizada no país galego foi a álava, de orixe alemá (hoxe en proceso de desprazamento a favor da Kennebeck de orixe americana). Son frecuentes por igual as variedades red-pontiac e baraca. O cultivo da pataca en Galicia defínese principalmente pola variable do autoconsumo, adicándose únicamente á venda a cantidade sobrante. Este remanente é aínda así suficiente para crear un mercado interno e de exportación, cunha PATACA DE CALIDADE moi apreciada. O cultivo da mesma calcúlase nunhas 100.000 Has./ano. Os rendementos obtidos son moi variables dependendo das condicións microclimáticas da zona, do tipo de solo, e tamén en grande medida do abonado e da semente utilizada. Estímanse os seguintes rendementos medios nas catro provincias galegas : A Coruña :
17.300 Kg/Ha.
Estes rendementos son amplamente superados en zonas como Vilalba, Betanzos e Bergantiños, que cun abonado axeitado poden chegar a 30.000 Kg/Ha. ou 40.000 Kg/Ha. Nas terras da Limia, cun cultivo de regadío poden esperar estas cantidades. Debemos salientar en Galicia tres zonas para o cultivo da pataca, non só pola producción para o consumo, senón porque houbo unha época en que foron productoras de "Pataca de Semente Certificada": A Terra Cha, Bergantiños e A Limia. De todas elas, a única que segue a cultivar pataca dun xeito intensivo é A Limia, de cuxo comercio procede a principal fonte de ingresos da comarca. En Vilalba (Terra Cha) e Coristanco (Bergantiños), cultivan a pataca como complemento dos ingresos da actividade agraria e do autoconsumo, resultando un producto de grande sona e calidade en feiras e mercados. Aínda que a producción de "Pataca de Semente Certificada" xa desapareceu en Galicia, permitiu aos labregos destas tres zonas o conqueriren un alto grao de especialización neste tipo de cultivo. É de desexar que lles sexa recoñecida de novo a súa calidade concedéndolles a DENOMINACION DE ORIXE PATACA GALEGA... XA !!! |
![]() |
|
|