conhezanos mellor

ESPECIAL
CRÓNICA DA SOMBRA NEGRA

Pode atopar máis información na nosa páxina de Inicio

CRÓNICA DA SOMBRA NEGRA.

O petroleiro Prestige afunde a 133 millas de Cabo Fisterra deixando detrás a costa galega contaminada e a ameaza de máis de 55.000 toneladas de chapapote a 3.500 m. de profundidade.

Catástrofe do Prestige

 

AGOSTO 2003

 

>>28/08/2003 23.000 Tn., MENOS OU MÁIS.

Logo do último selado de fendas realizado por Repsol, empresa encargada de extraer o fuel do pecio, os técnicos da petroleira afirman que os restos do Prestige están a solatar uns 20 quilos diarios de fuel, á vez que confirmaron que as primeiras probas para extraer o fuel comenzarán en quince días. Asimesmo, dos estudios realizados por Repsol estímase que quedan 13.800 Tn. nos depósitos, co que a cantidade realmente verquida foi de 63.000 Tn, 23.000 Tn. máis das que no seu día indicara o Goberno.

A significativa diferencia ven, ao parecer, de que o comité científico do Goberno considerara que os tanques centrais aínda contiñan fuel, cando, en realidade, estes soltaron case toda a súa carga durante o afundimento. De feito considérase que foi neste momento cando o Prestige verteu o 73% do fuel.

A Oposición aproveitou esta contradición entre as cifras "oficiais" e as de Repsol para aludir ás "mentiras" do Goberno e á súa intención de ocultar a verdadeira magnitude da catástrofe. Como resposta, o Executivo dubida agora de que o petroleiro transportara 77.000 Tn., tal e como indica o certificado de carga expedido no porto letón de Ventspill, e suxire por boca do comisionado de Fomento, Francisco Alonso, que a cantidade podería ser inferior.

Así pois, e tendo en conta a cantidade recollida, un tercio do verquido podería estar aínda "perdido" no mar. Aínda atinou Fernández de Mesa, delegado do Goberno en Galicia, cando dixo aquelo de que "hay una cifra clara, y es que la cantidad que se ha vertido no se sabe".

>>22/08/2003 DAS INDEMNIZACIÓNS DESCONTARANSE AS AXUDAS PERCIBIDAS.

O Goberno xa se compormetera a adiantar aos afectados pola catástrofe do Prestige as indemnizacións a cambio de que estes cedan ao Estado os seus dereitos de reclamación en procesos xudiciais abertos ou que se poidan abrir no futuro en relación ao desastre. Nembergante, o Goberno descontará das indemnizacións que adiante aos damnificados o 100% das axudas que xa percibiron ata o momento.

Para axilizar os trámites, o Goberno elaborou un decreto, polo que tamén se garante a cobertura total das perdas. O prazo para apuntarse a esta "fórmula" está aberto dende o pasado 3 de agosto ata o 31 de decembro.

En calquera caso, a Administración Central comprometeuse tamén a que niguén tería que devolver cartos e a que, se logo de acollerse a esta vía, os interesados non estiveran de acordo coas cuantías das axudas, poderían non firmar e así quedar libres de calquera compromiso co Estado.

Este decreto do Goberno central contradí o compromiso que o pasado 19 de noviembro adquirira a Xunta cos afectados , e que garantizaba nunha orde publicada no Diario Oficial de Galicia que as axudas concedidas aos damnificados pola inactividade non afectarían ás indemnizacións ás que tiveran dereito.

 


Aquí podes facer pública a túa mensaxe de apoio ou manifestar a túa opinión sobre esta catástrofe, tamén podes consultar as mensaxes recibidas.


Powered by ABERTAL ©