ALUGAMOS TODA A CASA, o que a fai moi recomendable para familias ou grupos de ata seis persoas.

A casa conta con terreo propio, o que lles permitirá pasar fermosos momentos ó aire libre.


Para o seu servizo, contará con garaxe, terreo propio, servizo de bicicletas, canas de pescar e grella. Para os rapaces ofrecemos un RECUNCHO INFANTIL, con biblioteca e xogos para os cativos.

CON CALEFACCIÓN


DISFRUTARÁ DE:

- tres dormitorios:
un dobre e dous de matrimonio, berce,
- un baño completo, un aseo, faiado,
- cociña perfectamente equipada:
televisión, microondas plancha, lavadora,
e salón comedor.

Dispoñemos tamén de mesas e sillas de terraza, para disfrutalas baixo unha fermosa parra.


Situada en Lires, Cee (A Coruña), nun enclave rural cheo de natureza e tranquilidade, a un par de minutos da praia e con vistas á ría.


O emprazamento é idoneo para practicar sendeirismo e surf.
A dez minutos de Cee, é unha zona ideal para os amantes da pesca de mar e de río, tanto no río Castro como no Lires, ríos moi apreciados para os pescadores en tempada.


VIVENDA TURÍSTICA VACACIONAL

TEMPADA ALTA : 90 €
TEMPADA BAIXA : 80 €


¿COMO CHEGAR?

ENDEREZO POSTAL DE CONTACTO:
R/ Escabanas, 34 A
15270 Cee, A Coruña, Galicia
(Spain )


Información e reservas:
ocruceiro@finisterrae.com

en horario de 14:30 a 23:00 h. nos teléfonos:
(+34) 981 746 335
y 655 148 742

CHÁMENOS !!!
 

Comunidade Virtual da Costa da Morte