|
VI CIRCUÍTO VOLEIPRAIA 'COSTA DA MORTE' O Circuito
Voleipraia "Costa da Morte" constará de 4 (catro) torneos
independentes, nas categorías masculino e feminino. Optarán ós premios do Circuito os primeiros catro clasificados o remate dos catro torneos. A clasificación final neste Circuito, quedará determinada pola suma de puntos obtidos nos torneos en que se participe. A puntuación será a seguinte: - 1º clasificado: 50 ptos. En cada torneo haberá premios en metálico para os dous primeiros (1os e 2os) clasificados de cada categoría (masculina e feminina) e material deportivo para os terceiros (3os) e cuartos (4os). Todo ésto independentemente dos premios finais do Circuito e máis do material deportivo que leven os finalistas. PREMIOS FINAIS:
INSCRICIÓN: - 20 € por praia e parella masculina
NORMAS DA COMPETICIÓN 1. No aspecto técnico,
rexiráse polo Regulamento Oficial de VoleiPraia aprovado pola
FIVB, aínda que exceptuando as segintes normas especias: 2. O sistema de
puntuación por partido, durante o Circuito será o seguinte: 3. O sistema de competición dependerá, en cada torneo, do número de parellas inscritas. Así, nas catro (4) probas poderá ser : 3.1. Formato A:
por grupos 4. De xogarse segundo o apartado: 3.1. Formato A (por grupos), no caso de empate durante un torneo solventaráse do seguinte xeito : a) Gañará
o vencedor do/s último/s enfrentamento/s entre ditas parellas. 5. É obriga das parellas informarse dos horarios que lle correspondan nos torneos. As parellas deben presentarse 10 minutos antes do horario establecido pola Organización. Si non se presentan 5 minutos despois do horario establecido para o seu partido daráselle por perdido (21-0). 6. A participación dunha parella nun torneo, non rematará ata que disputen o último partido programado pola Organización. 7. Todas as parellas deberán utilizar obrigatoriamente, durante os partidos de cada torneo a equipación oficial do "VI Circuito Costa da Morte" que se lle entregará. No caso de olvido, perda ou roubo, os participantes terán que mercar as camisetas oficiais á Organización. 8. A Organización resérvase o dereito a realizar calquera cambio ou engádego que considere oportuno, previo aviso aos participantes. 9. A interpretación destas Normas compete á Organización, nos caso de calquer dúbida será quen as interprete.
|