CÓMO O VEN

Teresa Seara, "Urxencia de raíz".

Tempos Novos, nº 89, setembro 2004, p. 73.

A Asociación Cultural Raigañas de Cerqueda (Malpica) edita, xunto co Concello de Carballo, un volume onde os poemas de Xosé Manuel Varela dialogan cos debuxos de Miguel Anxo Calvo, pois así foi concibido este Casa vouga que nos fala do abandono, de casas baleiras que xa só habita o pasado ou dos oficios de sempre.

Así chegan ós versos referencias á artesanía do barro, ós mariñeiros acobadados na varanda portuaria, a un mundo que se perde con rapidez e resulta urxente preservar por ser esta a raíz que nos afirma fronte ós embates do tempo e da desmemoria.