|
A publicación na colección "Narrativa
de Onte" desta selección de Contos
de Enrique Labarta Pose devólvenos
o máis meritorio da obra dun home que tivo como principal empeño
literario a pervivencia da contística de raigame popular.
Labarta Pose, nacido
en Baio en 1863, foi un personaxe popular na Compostela estudiantil
de finais de século. Moitas das súas anécdotas e características
persoais coindicen coas de Barcala,
o protagonista da célebre novela de Pérez
Lugín La casa de La Troya. Foi
tamén un activo periodista e un incansable gañador de certames literarios
de todo tipo.
Estes Contos reúnen
oito dos seus mellores relatos, entre os que se atopan algúns tan
populares como O tío Miseria e O
sacreto do tío Sanfona. A edición foi preparada por Xosé
Manuel Varela e Xosé María Lema,
quen asinan senllos estudios introductorios sobre a literatura e
a lingua de Labarta.
|