|
O mellor libro do ano 2000 na bisbarra,
segundo o Instituto de Estudios Bergantiñáns,
é, en realidade, unha obra incompleta. «Camiños
polo concello de Malpica», de Héctor
Pose e Xosé Manuel Varela, é só unha parte dun proxecto complexo,
un plan estratéxico que aunaba cultura, patrimonio e turismo e que
tiña como finalidade o desenvolvemento económico do municipio.A
publicación feita polo Concello é case o único real e tanxible hoxendía
desa idea. Non é suficiente, pero si moito, sobre todo paara curiosos
e camiñantes.
No ano 1998 xestouse no Concello
de Malpica unha especie de plan estratéxico para o desenvolvemento
do municipio que dou lugar a Camiños polo concello de Malpica de
Bergantiños. O Instituto de Estudios Bergantiñáns
entregou onte ós seus autores o premio de mellor libro do ano 2000,
pero a publicación era só unha parte do proxecto. Por eso, Héctor
Pose e Xosé Manuel Varela non están de todo satisfeitos,
aínda que se consideran moi honrados.
A ducia de rutas que aparecen no
volume tiñan que completarse cunha sinalización real pero sinxela
para evitar que o visitante se perda. De tódolos xeitos, a guía,
que é moito máis que iso, é suficiente para percorrer sen problemas,
sempre queda o recurso de preguntar, a historia, imaxinaria ou real,
de Malpica.
Os itinerarios elaboráronse a pé
de camiño, coa axuda dos que coñecían cada zona de que, segun Héctor
Pose, descubriron historias case que esquecidas que agora
permanecerán por vontade da letra impresa. Ata a publicación dolibro
no verán do 2000, Héctor e Xosé Manuel
traballaron xuntos, tiveron dúas fillas (unha cada un) e conseguiron
que moita xente de Malpica descubrira a súa terra e o seu mar.
Saíron cinco mil exemplares coa
intención de ser distribuídos polas librerías para guía, material
e espiritual, de naturais e forasteiros. Según Héctor
Pose, o 90% da edición falta por distribuír e descansa en
caixas no Concello. Unha viaxe interior ó aire libre Camiños polo
concello de Malpica está dividido en doce rutas que son en realidade
unha viaxe interior polo espíritu de Malpica.
Según Xosé
Manuel Varela, os camiños están espallados por tódalas parroquias.
Cada un dos itinerarios foi seguido polos autores, que anotaron
o tempo que empregaron en facelo a pé, os quilómetros que ten e
o medio de transporte utilizado, que na maior parte dos casos é
o coñecido coche de San Fernando.
Os percorridos son sinxelos e rara
vez superan os cinco quilómetros, polo que é doado camiñalos con
calma. Para aos máis sedentarios tamén os hai para facer en coche
ou en bicibleta.
Tódalas rutas inclúen ademais
do plano e demais datos técnicos, información sobre os lugares ou
momumentos recomendados para visitar, ademais de historias ou lendas
relacionadas con eles, polo que a guía é tamen unha boa lectura
de butaca.
Hai boas fotografías, antigas e
actuais, de autores locais, para aumentar o sentido comunitario
dolibro. Ademais ten completa guía de festas, aloxamentos e restaurantes.
|