NOVAS

As cantareiras Raigañas publican o CD
Baila que podes bailar
Ribeirana de sons, mar de voces

[Cerqueda, decembro de 2004]

As danzas e músicas de Cerqueda figuran con letras de molde no mapa do folclore máis universal. Desde esta parroquia malpicá, os seus bailes e sons viaxaron por todo o territorio galego e chegaron a escenarios inimaxinables de Europa. Unha boa maneira de estar no mundo.As cantareiras de Raigañas son fillas do folclore máis tradicional. Criáronse á beira das pandereteiras vellas de Cerqueda e os seus ollos viñeron ó mundo a ritmo de cantares e maneos. Ademais, percorreron o país na procura doutras fontes, doutras ruadas para engalanar a súa habelencia coa pandeireta.

Baila que queres bailar, folclore nativo, melodías de antano que perviven en Limiñoa, Cambre, San Salvador ou Cances. Desde Cerqueda a Malpica na terra de Bergantiños. Carballo como ponte. Agrestes chairas de Xallas tralo camiñar de Pondal. Todo o sabor musical da Costa da Morte nunha humilde pandeireta. Sons de pel tocados por mans douradas polo sol, coma espigas nos días de seitura. Lembranza das noites de fiadas. Ruadas en calquera encrucillada máxica. Turreiros en días de festa.

Con este Baila que queres bailar, bautismo discográfico de Raigañas, ribeirana de sons, Cerqueda existe. Aquí está o centro do mundo arrolado por ondadas de ferreñas. De romaría nunha procesión mariña. Camiño musical cara a fin do mundo onde Galiza se volve un mar de voces.

Temas:
Ribeirana de Cerqueda
Chalanito e jota de Cerqueda
Velaí vai
Cantar e muiñeira de Limiñoa
Maneo de Bizarrán
Danza de San Salvador
Muiñeira e maneo de Cambre
Cantar de Cerqueda
Vals de Cerqueda
Maneo e muiñeira de Cances
Pasodobre de San Salvador
Mazurca de Cambre

Volver