OBRAS

Alfredo Brañas. Textos en galego.

Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia / Dirección Xeral de Política Lingüísica, Santiago, 2001
Poesía

Xunto con historiador Manuel Murguía, home de Rosalía de Castro, o carballés Alfredo Brañas Menéndez foi o primeiro autor que no século XIX, no rexurdimento literario galego, pronunciou un discurso integramente en galego. En Alfredo Brañas. Textos en galego recóllese precisamente ese discurso de Brañas, pronunciado como un dos mantedores dos Xogos Florais de Tui en 1891.
Ademais, compílanse oito poemas en lingua galega que se encontraban dispersos pola prensa do rexurdimento e

difíciles de acceder para o gran público.
Con este volume Xosé Manuel Varela logra por vez primeira e única vez ata o de agora reunir en libro os textos galegos dispersos do autor de El Regionalismo.