OBRAS

Casa vouga. Poemas e debuxos

Asociación Cultural Raigañas, Cerqueda (Malpica de Bergantiños), 2003
Poemas e debuxos a plumiña
Poesía

Memoria da casa, casa da memoria
Todo vén ser falar do fío que nos ata á terra natal, ó centro do que somos e sentimos. E, se o destino último do viaxeiro é a volta á casa -así o testemuñan as crónicas-, tamén aparece nos versos de Xosé Manuel Varela unha urxencia por lembrar a raíz, o alicerce máis firme do ser. É a súa unha Casa vouga que nos enfeitiza coa súa oquedade silandeira, cuberta de mofo e conservando as voces do pasado, a onde chegamos para resgatala do esquecemento e, con este exercicio de recuperación, recoñecérmonos como seres humanos.

Só así pode entenderse o desexo de "ter por pés unhas trabes de madeira" que o poeta escribe desde a comuñón máis íntima. Acubillo que resgarda da sombra, a casa é o horizonte último deste ser que, como Ulises, emprende a volta a Ítaca.

Teresa Seara