 |
En 1998 publicárase a obra
poética da poetisa popular, María
Baña Varela, volume tan ben aceptado polos seus veciños
que os mil exemplares saídos da imprenta voaron en menos
de dous meses para a maioría das casas cabanesas. En maio
de 2004, saíron de novos estes versos riseiros e emotivos
á vez, agora expurgados do aparello de notas a pé
de paxina e da introdución lingüística. Preséntase
agora esta Colleita poética máis
fresca, máis lexible e cunha selección de fotografías
da autora ou de persoas próximas a ela. Con esta Colleita
poética ábrese unha ventá necesaria
ó mundo da creatividade popular.
|