OBRAS

No confín dos verdes castros.
Cabana de Bergantiños. "a harmonía da costa da morte".

Concello de Cabana de Bergantiños / Turismo de Cabana, 1999
Guía de itinerarios

Cabana de Bergantiños é o concello da Costa da Morte onde máis nítido se percibe un contraste, unha harmonía, entre o mar e a terra.
Así, das parroquias altas con pegadas arqueolóxicas ou do medievo podemos acudir ás calas salvaxes onde un pode tremer de emoción perante tanta natureza para un só.
No confín dos verdes castros é unha guía de itinerarios para realizar en calquera medio de locomoción ou a pé que nos leva, con toda precisión, ademais de entre outros espacios suxerentes, á catedral do megalitismo galego: o dolmen de Dombate.

Volume trilingüe: galego, castelán e inglés.