OBRAS

Gume. Revista de Lingua, Literatura e Artes

Asociación Cultural Monte Branco, O Couto (Ponteceso), 1995

Revista de lingua, literatura e arte que naceu dun grupo de licenciados/as da primeira promoción de filoloxía da Universidade da Coruña.
Inclúense un poema inédito de Eduardo Pondal ("El canto del cisne"), un estudio sobre Gonzalo R. Mourullo, autor da nova narrativa galega, e outro sobre a lingua galega na Revista Gallega.
O mundo do teatro aparece nunha entrevista con Francisco Pillado. O apartado de creación abre as páxinas á poesía, no que se inclúe un especial sobre o colectivo Blas Espín.
Féchase a revista con reseñas sobre textos literarios, etnográficos e teses de licenciatura lidas na Facultade de

Humanidades da Universidade da Coruña.