OBRAS

Manuel Lema Otero.
Manuel do Monte, o home dos pitos, pintor naïf.

Deputación da Coruña / Concello de Cabana de Bergantiños, 1999
Prólogo de Xosé María Lema Suárez, textos de Xosé Luís Otero Cebral e Manolo Costa, biografía e estudio de Xosé Manuel Varela
Catálogo de arte (pintura e talla)

O labrego, encofrador, emigrante e inventor de Borneiro (Cabana de Bergantiños) Manuel Lema Otero foi gañador do Iº Premio no Concurso de Arte Naïf ou Inxenuísta Galega convocado en 1982 pola Fundación Pedro Barrié de la Maza.
O cadro gañador, "A batalla do Ebro", amosa un fragmento biográfico deste pintor naïf da Costa da Morte que tamén trazaba outras temáticas como a relixiosa, a amorosa, a

etnográfica ou a arqueolóxica.
O presente catálogo é unha recompilación de tódolos cadros existentes en Galicia e conta cun prólogo do historiador Xosé María Lema Suárez e Xosé Luís Otero Cebral, poeta que coñeceu en vida ao pintor.
En galego e castelán.