OBRAS

Camiños polo concello de Malpica de Bergantiños.
Doce itinerarios para coñecer a beira norte da Costa da Morte.

Consorcio Municipal de Malpica de Bergantiños / Concello de Malpica de Bergantiños, 2000
Guía de sendeirismo
Premio Bergantiños desde os Libros Ano 2000

En Camiños polo concello de Malpica de Bergantiños descríbense, de modo literario, doce percorridos para realizar a pé, en bicicleta ou en coche polo municipio natal dos seus autores, Xosé Manuel Varela e Héctor M. Pose.
Elementos paisaxísticos, etnográficos, arqueolóxicos, históricos, artísticos, ambientais ou literarios son entretecidos polas sendas que comunican todas e cada unha das parroquias deste concello da Costa da Morte. Esta guía

de itinerarios está profusamente ilustrada con mapas e fotografías suxerentes de modo que a viaxe polas terras que se describan poida facerse tamén a modo de viaxe mental.