OBRAS

Uxío Novoneyra.
Do Courel ó Monte Branco. Escolma poética.

Asociación Cultural Monte Branco, O Couto (Ponteceso), 1996
Antoloxía poética

Con motivo da homenaxe tributada pola Asociación Monte Branco, encargóuselle a realización dunha antoloxía poética do poeta do Courel, Uxío Novoneyra co alumnado como destinatario principal.
De modo circular, a obra de Pondal, tan querida e lida por Novoneyra abre e pecha a antoloxía. Faise unha compilación dos poemas máis emblemáticos publicados por Novoneyra ao longo da súa vida.

Ademais, Xosé Manuel Varela inclúe unha nota biográfica ea relación das obras publicada de man de Novoneyra ata a data de edición desta escolma poética.