OBRAS

Asunción Antelo Suárez.
As penurias dun amor.

Asociación Cultural Monte Branco, O Couto (Ponteceso), 1999
Edición e prólogo de Xosé Manuel Varela
Novela curta

Despois de se dar a coñecer como escultora e poeta, Asunción Antelo Suárez, a Rexubeira de Bergantiños, ofreceunos na súa primeira entrega narrativa unha historia amorosa que levaba trazas de ser imposible e que na lectura ten o podería dun vello conto escoitado a carón do lar.
Dividida en tres longos capítulos, Asunción vai tecendo, en cada un deles, tres historias protagonizadas por diferentes personaxes pero que están entretecidas polo ambiente rural onde se desenvolven e polo peso que cada unha ten no desenlace da historia amorosa.