 |
Coordinada por Rafa Villar
e Xosé Manuel Varela, Rumbo
ás illas foi a primeira antoloxía de textos literarios da
Costa da Morte.
O abano de colaboradores/as abrangue desde aquelas voces máis novas
ata outras xa con libro publicado, así como colaboracións poéticas
con outras en prosa.
A antoloxía xurdiu como libro colectivo a raíz da homenaxe que a
A.C. Monte Branco tributou aos escritores/as
da Costa da Morte durante a Festa das Letras
do ano 1997, na que tamén se descubriu unha placa de pedra na Casa
dos Veciños (O Couto).
|