OBRAS

Saturnino Cuíñas Lois.
Fotobiografía dun cura exemplar e folclorista benemérito

Concello de Cabana de Bergantiños, 1997
Fotobiografía

Saturnino Cuíñas Lois foi un eminente folclorista que acadou os máis altos loureiros pola súa achega ao acervo musical galego.
A súa inxente memoria foi quen de arquivar cantigas e melodías desde a súa infancia nas altas terras de Cotobade (Pontevedra) xunto con aqueloutras que recolleu polas lindes da Costa da Morte.

Todo este legado musical, da man do músico Adolfo Anta Seoane, foi depositado no arquivo da coral coruñesa Cántigas da Terra, quen conserva aínda unha zanfona doada polo crego de Cesullas (Cabana de Bergantiños).
O grupo milladoiro tamén bebeu nas fontes de Saturnino Cuíñas para a edición do seu primeiro disco O berro seco.
A presente fotobiografía supón un rescate tanto do folclorista benemérito como do auténtico creador da sonada romaría do San Fins do Castro, que se celebra cada 1 de agosto en terras de Cabana de Bergantiños.