PRESENTACIÓN

Especialista en lingua e literatura galega, colabora en distintos medios de comunicación radicados na Costa da Morte.

Como filólogo traballa na edición de escritores do rexurdimento literario galego (séc. XIX), na de poetisas populares bergantiñás, ademais de verter novelas castelás para o galego.


No ámbito laboral, traballou como dinamizador sociolingüístico e cultural e participou en proxectos de divulgación turística dos concellos de Cabana e Malpica. Na actualidade exerce como docente de lingua e literatura galega no ensino medio A modo de ideario, Bergantiños, como comarca norte da Costa da Morte, converteuse no seu universo de creación e investigación cultural.